




As Celtas venceron o sábado, 1 de febreiro, no campo do Lóstrego FC! Foi un partido de moitas emocións, dada a vinculación das xogadoras dos dous equipos, e unha marea celeste foi ata Chaín para apoiar ás nosas guerreiras! 0-2 final con golazos de Muñi e Tati Cruz, e outros tres puntos que nos deixan no mesmo posto da clasificación, o terceiro, tras a vitoria do Dépor B contra o Sárdoma.
A seguir loitando, guerreiras!