Esta pasada fin de semana, nos campos de fútbol de todo o país, un brazalete verde simbolizou a loita contra o cancro, xa que o martes celébrase o día mundial contra esta enfermidade. María Figueroa exerceu o sábado de capitá no partido contra o Lóstrego e foi a que o luciu, e, ao rematar o encontro, a capitá Lara Martínez entregoullo a unha compañeira da nosa peña para darlle forzas.
Moitísimas grazas por ser tan riquiñas, As Celtas: non só sodes as mellores futbolistas da galaxia, senón tamén as mellores persoas!
E a ti, Vicky, só imos dicirche unha cousa: tes a toda a familia das Guerreiras Celtas á túa beira! Este partido nin se vai perder ou empatar, só nos vale a vitoria! Querémoste, tía!
📬 asguerreirasceltas@gmail.com