
Real Oviedo B 2 /As Celtas 3
Sufridísima vitoria o pasado sábado, 15 de febreiro, no partido disputado en Oviedo polas nosas guerreiras! Levámonos os tres puntos tras unha remontada agónica que amosou que As Celtas non só son un equipo forte no físico, se non tamén no mental. As nosas rapazas, moi eficazmente dirixidas por Vicky, a adestradora, deron unha lección de afouteza e volveron a casa cunha traballadísima vitoria, a décima consecutiva! Pero o Olímpico e o Dépor B non fallaron tampouco, e rematamos a xornada sen cambios: terceiro posto, a 1 punto das leonesas e a 2 das coruñesas. Os encontros na Madroa contra elas serán clave para subir aos postos de ascenso directo!
Boas novas tamén para as peques de As Celtas: 7- 0 do equipo infantil contra o EFF Rosalía. Tamén gañaron as cadetes por 8-0 fronte ao CDValladares, e con debut de Alba Franco! As Celtas B non logrou vencer na Madroa ao Orzán SD, que levou os tres puntos! 1-2 foi o resultado final.