Peña As Guerreiras Celtas


As Celtas xa están aquí… e nós con elas!

Na tempada 2024/2025 botou a andar por fin o proxecto de fútbol feminino do Real Club Celta, As Celtas. A creación da nosa peña era unha obriga, xa que levabamos anos agardando por este momento!

A Peña As Guerreiras Celtas nace co convencemento de que o futfem é o futuro, e co compromiso de evitar o contaxio de todas as cousas malas do masculino e deixarnos inundar só das boas. Queremos campos feministas, libres de racismo e xenofobia, e nos que poidamos ver un partido coa afección rival sen que a violencia sexa a protagonista. Queremos deportividade, rivalidades limpas e camaradería. Queremos ser unhas siareiras exemplares, cheas de forza para darlle pulo ás nosas xogadoras.

Vivan As Celtas!

Queres formar parte da nosa peña? Escríbelle á presi: presiasguerreirasceltas@gmail.com.

Se precisas outra cousa, consulta na nosa sección de CONTACTO a quen escribirlle!