Que emocionante vai ser este ano o Día da Muller para as siareiras e As Celtas: xogamos en Balaídos! Partido CLAVE: enfrontámonos ao Dépor B, e a vitoria pode levarnos ata o primeiro posto da clasificación!
Vai ser unha festa celeste: que non falte ninguén ao partido, as nosas guerreiras necesítannos! A nosa peña vai estar en Tribuna Baixa, por se queredes vir con nós!
Ademais, o RC Celta e As Celtas teñen unha tremenda esmorga organizada para este Sábado celeste, con homenaxe aos entroidos tradicionais e comida de entroido fóra de Balaídos!
