Presentación oficial da nosa peña na Madroa!

Este domingo, 9 de febreiro, vaise presentar oficialmente a nosa peña, As Guerreiras Celtas, na Madroa! Vai ser un día histórico, porque As Celtas abrirán as portas da súa casa ás siareiras!

Despois do partido contra o PM Friol (lembrade, comeza ás 12 horas e pasamos lista!), sobre ás 14 horas, abriranse as portas do novo vestiario para que as celtistas que esteades na Madroa poidades visitalo. E logo… chegará o noso momento! Faremos a primeira foto oficial da peña coa directiva e as autoridades (que nerviosssss!) e ademais haberá un pequeno aperitivo para toda a afección!

Peñistas: o domingo, todas coa camiseta guerreira! Non peñistas: a que esperades para unirvos á nós, 😆?

Tedes toda a info na web das Celtas!

📬 asguerreirasceltas@gmail.com