¡A futura casa das Celtas, a Cidade Deportiva Afouteza, está máis preto de facerse realidad!
O Real Club Celta e a Comunidade de Montes de Tameiga por fin acadaron un acordo e as obras da futura Cidade Deportiva Afouteza poderán reiniciarse en canto o proxecto de Galicia Sports 360º sexa aprobado definitivamente como Proxecto de Interés Autonómico. A directiva do Celta agarda que este permiso chegue en poucas semanas, polo que as obras de Afouteza poderían reanudarse no mes de marzo.
Para chegar ao acordo coa Comunidade de Montes, O Celta cambiou varias das instalacións para reducir ata un 80 % o solo veciñal afectado. É o caso do futuro miniestadio para As Celtas e o Celta Fortuna. O renovado plan inclúe, ademais do novo estadio, cinco novos campos de adestramento para os equipos xuvenís e cadetes das Celtas e do Celta, o centro de formación para ciclos universitarios e de FP en materias sanitarias e deportivas, unha residencia para canteráns e estudantes, unha área de restauración e un hotel para visitantes ou deportistas.
Tedes toda a información na web oficial de RC Celta e en varios xornais: Faro de Vigo, Mundo Deportivo, Grada de Río (La Voz de Galicia).
