Camiseta especial 8M!

Dende que comezamos a dar os primeiros pasos para crear a primeira peña do equipo dos nosos soños, As Celtas, a xunta directiva tivo claro que queríamos adicar parte do noso esforzo a causas sociais. E aquí está a primeira! Fixemos unha edición especial da nosa camiseta co logo morado, para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo), e doaremos todos os beneficios das que vendamos a unha asociación que axude na investigación contra o cancro de mama.

Tres de cada 10 cancros diagnosticados en España a mulleres ten a súa orixe nunha mama, e a probabilidade para unha muller de ter un cancro de mama é de 1 de cada 8. Por iso, queremos colaborar nesta loita que viven tantísimas mulleres. Axúdasnos?

Merca a nosa camiseta 8M! Escribe un correo a comprasasguerreirasceltas.com e encarga a túa antes do domingo 23 de febreiro! O prezo son 15 euros.

E, por suposto, lévaa posta no partido que disputaremos contra o Dépor B a fin de semana do 8 de marzo!